Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – Muros 2009

Os mariñeiros de Bouzas, tamén estiveron en Muros, onde todos os defensores da Cultura Maritima quedaron abraiados tanto polos barcos, polas navegacións, como polo importantes das Xornadas, e sobor de todo, pola implicación dos Muradans que tan ben tiñan engalanado o xa de por si fermoso pobo mariñeiro.

Nosa asociación desplazou catro embarcacións, A Oleira, que foi navegando, e A Fanaqueira, A Marosa,  e A Madorniña, que acudiron por terra. Poderiamos falar moito de Muros e poñer moitas fotos, pero vos remitimos a páxina da FGCMF.

Coma mostra nosa gamela coruxeira, toda esbelta navegando na ria de Muros


Sen comentarios

Navegación con Alborada

O venres 12 de Xuño fixemos unha colaboración coa asociación de loita contra as drogas, Alborada.

Persoas en proceso de rehabilitación acompañados de monitores acudiron a coñecer mellor o mundo da cultura marítima. No pantalán de embarcacións tradicionais démoslles unha pequena charla sobre as distintas tipoloxías de embarcacións que alí se atopan e despois saimos a navegar.

Durante a singradura falámoslles sobre as técnicas de navegación en barcos tradicionais. Podedes ver a continuación algunhas fotos da actividade.


Sen comentarios

Exposición organizada por Marisma da Ramallosa

O pasado domingo 29 de Marzo, participamos nesta mostra levando nosa dorna A madorniña, noso carocho O Anguleiro, e tamen estiveron dignamente representados os Faluchos de Bouzas.


Sen comentarios

X Concurso de Pesca dende Embarcación

Enmarcadas nas actividades da asociación, como en anos anteriores, celebramos o concurso de pesca desde embarcacións, e noso X concurso de pesca dende embarcación en modalidade libre, con importantes premios e sorteos entre os participantes.

Este ano nos patrocinou a Federación Galega de Pesca, que se encargou de buscar moitos dos trofeos que se repartiron os ganadores do concurso e tamén os premios que se sortearon entre os participantes.

Este ano, como ven sendo habitual, despois da entrega de premios, tamén organizamos A Gran Fritada Mariñeira. Os pescadores donaron unha importante parte da capturas, e con ese peixe fíxose unha cea estupenda na que os participantes eloxiaron a elaboración, e todos disfrútamos dun gran dia para a asociación.


Sen comentarios

12 anos da asociación


12 anos de Mariñeiros de Bouzas


Sen comentarios