O último susto do pesqueiro Alfageme…

Fai poucos días, apareceu na prensa que estaba moi escorado e con peligro de quedar ca quilla o sol, pero como podedes ver nas fotos,  segue resistindo…

O “Bernardo Alfageme“,  buque pesqueiro de arrastre con casco de aceiro remachado, construído en “Hijos J. Barreras, S.A.” no ano 1944, ten unha eslora de 31 metros e 6 metros de manga.

É propulsado por un motor diesel da marca Deutz con 330 CV de Potencia.

A punto de ir a desguace nos primeiros días do ano 2000, foi nesas datas cando asociacións vinculadas o Patrimonio Maritimo deron a voz de alarma.

O barco estivera faenando ata o ano anterior,  polo que a maquinaria estaba en boas condicións

As súas caracteristicas e fasquia, asi como o astaleiro onde fora construído e os caladoiros de pesca onde faenara,  facían co barco fora un digno representante da Industria do Naval de Vigo, que tanto presumimos, como do Porto de Vigo, numero un na pesca nacional e dos mais importantes a nivel mundial.

Dende que o Pleno do Concello do de Vigo do 27 de Marzo do 2000, aceptara por unanimidade a doazón do buque, pasando a formar parte do inventario de bens do municipio, parecía que se rachaba a traxectoria  de desguazes para conservar algunha embarcación con valor histórico na ría.

Nesas datas uníase a conservación do barco no contexto da creación dun múelle de barcos históricos,  xa que Vigo, dende sempre, ocupou un lugar privilexiado en todo o que ten relación co mundo do mar. Na actualidade inda estamos esperando.

 Son as asociacións como Mariñeiros de Bouzas, as que defenden e dan pasos concretos na defensa dese Patrimonio Marítimo, posto que con moito traballo e dedicación, na actualidade podedes visitar o único de momento pantalan da península Ibérica dedicado exclusivamente o amarre de Barcos Tradicionais nos que saímos a navegar.


Sen comentarios

XA EMPEZOU A CAMPAÑA DE CARENADO DOS BARCOS

Nesta ocasión, empezamos polo carocho, xa que tiña moita pintura saltada da madeira como si non quixera permanecer pegada a ela. Así que decidimos facerlle unha limpeza xeral.
Con moito traballo, rascouse toda a pintura do barco, chegando ata madeira.
Agora solo falta poñernos de acordo no seguinte paso, xa que cada un que pasa pola chabola da unha opinión distinta…


Sen comentarios

Cambio de local de la Asamblea del 5 de Marzo

Por causas ajenas a la Asociación y Junta Directiva, nos vemos obligados a cambiar el lugar de celebración de la Asamblea Ordinaria del viernes 5 de marzo del 2010, siendo a la misma hora en el Salón de Actos del IES de Audiovisuales (donde realizamos el concierto de corales de la Asociación) al lado del Liceo Marítimo.

Viene motivado este cambio a una comunicación désde el liceo de Bouzas que por un error en la comunicación de la fecha prevista (coincide nuestra asamblea con una actividad del Liceo en la misma fecha y horario), nos vemos obligados a trasladar el lugar de la asamblea.

Agradeciendo de antemano vuestra consideración os esperamos en la fecha prevista.

Vigo 19 de febrero de2010

El Secretario

Fdo. Adolfo Rodríguez López


Sen comentarios

Militantes do patrimonio marítimo

A edición de hoxe do Faro de Vigo contén unha entrevista a dous socios de Mariñeiros de Bouzas na que explican a enmenda que a Federación pola Cultura Marítima quere incluír na Lei Xeral de Navegación para que dunha vez se recoñeza o carácter especial das Embarcacións Tradicionais.

O artigo pódese ler na edición dixital do Faro.


Sen comentarios

Enmenda embarcacions tradicionais

O próximo 2 de febreiro, unha vez finalizado o período de descanso parlamentario, a Comisión de Xusticia do Congreso dos Diputados –que e a encargada de xestionar a tramitación de esta ley—, poñerase outra vez en marcha e con elo empezará a contar de novo o plazo de presentación de enmendas. No mellor dos casos non tardaremos a ver que este plazo finaliza e se empeza xa a debatir a ley.

Sexa como sexa, a idea  e de facer chegar os grupos parlamentarios maioritarios presentes no Congreso, o próximo mércoles 27 de Xaneiro, un dossier con todalas adhesions recibidas hata agora. 

A ver si nesta ocasión,  conseguese  que por fin se recoñeza nunha ley, que existen os Barcos Tradicionais.


1 Comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad