Quenes Somos

Na praia do Adro de Bouzas, desde fai varios lustros, un grupo de mariñeiros profesionais, de recreo e xubilados, viñan realizando as súas actividades mariñeiras, deportivas e de lecer de xeito individual, ata que deciden organizarse e fundar a sociación sen ánimo de lucro “Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas”, que sería inscrita o 27 de outubro de 1995, no rexistro provincial de Goberno Civil de Pontevedra co núm. 3637.

Dos 38 socios-fundadores aos 315 do ano 2007, esta asociación creceu no seu patrimonio e nas súas actividades culturais e deportivas en igual ou maior proporción que o número de socios.

Os primeiros pasos foron a reorganización do fondeo libre na praia, por mediación dunha estacha fondeada ao longo da praia e dun pantalán usado cedido polo Club de Iates de Bayona, pasando na actualidade á autorización por parte da Autoridade Portuaria de Vigo da instalación fixa de novos pantaláns flotantes de amarre para 315 embarcacións deportivas e artesanais en devandita praia, así como a organización, colaboración e participación nun longo programa de actividades culturais, deportivas educativas e de lecer que se realizan ao longo de todo o ano.

No noso afán por que non se perda a cultura marítima tradicional e así esta recolleito nos nosos estatutos, esta asociación ao longo dos anos recuperou diversas embarcacións tradicionais.

De xuño a setembro organízanse saídas gratuítas para todos os cidadáns que os soliciten coas embarcacións tradicionais da asociación.

No referente ás actividades culturais e deportivas, organízanse ao longo do ano tres concursos de pesca desde a costa e embarcación, regatas de gamelas e faluchos, un concerto de corais de cancións mariñeiras, realízanse dúas excursións culturais a lugares con tradición mariñeira, así como participamos na maioría dos encontros de xuntanzas de embarcacións tradicionais do sur de Galicia e norte de Portugal.

A nosa asociación está integrada na “Federacion Galega pola Cultura Marítima e Fluvial” e na “Federación Galega de Pesca Marítima e Nautica de Recreo”.