Artigos etiquedados como ‘crónica’

Navegamos nos Mares da Póvoa de Varzim

Jueves, 8 Septiembre 2011, por marineros bouzas

 

 

Estivemos navegando polos mares da Póvoa, con dúas embarcacións de Bouzas, encantados de participar nos 20 anos do proxecto de recuperación da Lancha Póveira do Alto, un encontro que contaba cun amplo programa que incluíu regatas, conferencias,  a inauguración dunha exposición,  e unha sesión de poesías dedicada a Manuel Lopes, un dos grandes responsables da consecución deste proxecto.

Noso amigo Manuel, o antigo director da Biblioteca Municipal Roxa Peixoto, principal impulsor da lancha, foi recordado dunha forma moi especial o  sábado pola noite  na sesión do Memorial Manuel Lopes, onde quedamos abraiados pola forza do homenaxe e sorprendidos pola actuación do tripulante da lancha José Peixoto na guitarra, o periodista que nos dedicou varias crónicas a asociación de Bouzas.

Nós non podiamos faltar a este homenaxe, xa que Manuel Lopes ademais de ser moi querido en toda Galiza, os de Bouzas o recordamos con moito agarimo, xa que foi precisamente na II XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE BOUZAS, celebrada no 2006, o ultimo viaxe por mar de Manuel, quen navegou dende a Póvoa ata Bouzas na Lancha, e  á volta por terra, por motivo das súas doenzas.

A Federación Galega participou activamente no homenaxe, como podedes ver na súa paxina. Deixámosvos debaixo o ultimo parrafo da intervención de Dionisio Pereira no homenaxe a Manuel Lopes:

“Por iso, Manuel e Octávio forman parte da nosa historia e nos acompañan en cada paso que damos. E tamén por iso, na medida en que actuemos e sexamos consecuentes coa nosa raigame e cos nosos sinais de identidade máis queridos e máis distintivos, Manuel Lopes e Octávio Lixa Filgueiras permanecerán vivos connosco.

“In memoriam”. Na súa memoria.”

 


Lanchas de relinga en 1920

Viernes, 10 Junio 2011, por marineros bouzas

 

 

Entrando no Mar de Vigo en 1920, como patrón do veleiro “Tern III”, o navegante inglés Claud Worth reparou na Lancha de Relinga e no Galeón. Na súa auto-biografía de navegante e estudoso da vela, “Yacht Cruising”, incluíu tres deseños seus: un do Galeón e dous da xeiteira, feitos nesa visita a Vigo.

 

Do Galeón de carga, reproduce un esquema do aparello que lle trae a memoria os Saveiros de Lisboa. Onde pon máis atención e detalle é na Lancha do Xeito, nas singulariedades do sinxelo aparello, nas figuras dos tripulantes (tres e un checho de mar) e no funcionamento da vara de portar. Despois comenta: “Toda esta costa, e principalmente a comprendida entre as Cies e o Cabo de Fisterra, é e máis bonita que se poida imaxinar para unha navegación de cruceiro. Se na costa inglesa tivermos unhas rías coma as de Vigo, Pontevedra, Arousa ou Muros, estarían ateigadas de veleiros. Pero polo que parece, os Galegos non queren ir ao mar por se divertiren”.
“Yacht Cruising” contén diarios de varias singraduras de Worth, con moitas observacións sobre aparellos de vela e formas de aumentar a seguridade. O libro foi varias veces reimprentado e hoxe considérase un clásico da vela de altura.

 

 

Por Todos Os Mares Do Mundo

Jueves, 20 Enero 2011, por marineros bouzas

Industrias Ferri, que traballa fundamentalmente para o Sector Naval de Vigo, editou unha edición especial  deste libro, para repartir como regalo de fin de ano ós empleados,  clientes e persoas relacionadas coa empresa. O libro fai un extenso repaso do mundo da pesca en Vigo no século XX, con datos sobre os barcos, as empresas, e interesantísimas entrevistas a patróns pioneiros no descubremento de caladoiros de pesca, así como tamén do transcendental cambio que supuxeron os barcos conxeladores neste mundo.

Crónica da II Xuntanza

Lunes, 10 Julio 2006, por admin

Fai uns días celebramos a nosa II Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Vila de Bouzas.

Con moito traballo, pero con moita animación, conseguimos que fora un éxito do cal estamos moi orgullosos. Recibimos as felicitacións das autoridades que asistiron ós actos de inauguración, botadura da gamela coruxeira e a entrega de diplomas.

Estamos moi satisfeitos tamén de recibires os parabéns das tripulacións participantes, as cales lles agradecemos dende eiquí que participaran con nos nestas singladuras que entendemos que son en prol de defender e impulsar as diversas facetas da Cultura Marítima, nave na cal nos tamén estamos embarcados intentando aportar o noso grao de area.

Esta selección de fotos é para animar a tódolos socios e a tódalas persoas amantes do mar e das Tradicións Mariñeiras a que participen xunto con nos nestos eventos que con bos ventos chegaran a mellor porto.

Procesión Marítima

Miércoles, 20 Julio 2005, por admin

El día 18 organizamos la procesión marítima que se celebra el lunes de las fiestas de Bouzas. Este año fue muy lucida gracias a la participación de los numerosos socios que acudieron. Estuvieron presentes las dos nuevas embarcaciones de la asociación el racú y la trainera xeiteira construída por la Escola Obradoiro.

Al final del acto se realizó una ofrenda floral en recuerdo de nuestros socios fallecidos.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad