Archivo de la etiqueta: Embarcacions
Lanchas de relinga en 1920
Toda a flota no mar e navegando!
Despois das reparacións e carenado dos barcos, por fin temos toda a flota no mar e navegando. Ahí van unhas fotos dos últimos traballos onde se pode apreciar que dende a quilla á perilla todo foi revisado e repintado, e nalgunha imaxe móstrase o resultado de todo ese esforzo nas sentinas. Así e como se traballa no sector naval de Bouzas, que xa sabedes que é onde se fan os mellores barcos do mundo.
Actualización do apartado “Os Nosos Barcos”
Dende que se cambiou o formato desta páxina, quedara pendente poñer o día o apartado de Os Nosos Barcos. Por fin, nos últimos días, dedicándolle o tempo necesario se puido actualizar. Agora, se pinchades nese botón poderedes ver os barcos da asociación; ainda queda pendente incorporar fotos de algúns barcos navegando, que non tiña.
Máis adiante se intentará incorpora-las embarcacións cedidas e tamén algúns barcos dos socios que amarran no primeiro pantalán da península Ibérica de uso exclusivo para barcos tradicionais.
Preparando a flota para poñer proa a Carril
Como estamos moi achicados de espazo temos que ir pouco a pouco, pero na chabola xa arrecende a viruta, a minio, a patente, a brea, e tamén, xa están as ferramentas pousadas por onde se poida e coma sempre xa empezaron as mil opinións de fai así ou da outra maneira, notase que todos somos enxeñeiros en cravar puntas, ou en aplicar pinturas os barcos…