Artigos etiquedados como ‘navegación’

Navegamos nos Mares da Póvoa de Varzim

Jueves, 8 Septiembre 2011, por marineros bouzas

 

 

Estivemos navegando polos mares da Póvoa, con dúas embarcacións de Bouzas, encantados de participar nos 20 anos do proxecto de recuperación da Lancha Póveira do Alto, un encontro que contaba cun amplo programa que incluíu regatas, conferencias,  a inauguración dunha exposición,  e unha sesión de poesías dedicada a Manuel Lopes, un dos grandes responsables da consecución deste proxecto.

Noso amigo Manuel, o antigo director da Biblioteca Municipal Roxa Peixoto, principal impulsor da lancha, foi recordado dunha forma moi especial o  sábado pola noite  na sesión do Memorial Manuel Lopes, onde quedamos abraiados pola forza do homenaxe e sorprendidos pola actuación do tripulante da lancha José Peixoto na guitarra, o periodista que nos dedicou varias crónicas a asociación de Bouzas.

Nós non podiamos faltar a este homenaxe, xa que Manuel Lopes ademais de ser moi querido en toda Galiza, os de Bouzas o recordamos con moito agarimo, xa que foi precisamente na II XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE BOUZAS, celebrada no 2006, o ultimo viaxe por mar de Manuel, quen navegou dende a Póvoa ata Bouzas na Lancha, e  á volta por terra, por motivo das súas doenzas.

A Federación Galega participou activamente no homenaxe, como podedes ver na súa paxina. Deixámosvos debaixo o ultimo parrafo da intervención de Dionisio Pereira no homenaxe a Manuel Lopes:

“Por iso, Manuel e Octávio forman parte da nosa historia e nos acompañan en cada paso que damos. E tamén por iso, na medida en que actuemos e sexamos consecuentes coa nosa raigame e cos nosos sinais de identidade máis queridos e máis distintivos, Manuel Lopes e Octávio Lixa Filgueiras permanecerán vivos connosco.

“In memoriam”. Na súa memoria.”

 


Tamén navegamos nos ríos

Martes, 2 Agosto 2011, por marineros bouzas

 

 

Ainda que a páxina mostrase pouca actividade, o certo e que se fai moito mais do que se ve. O pasado fin de semana, dous barcos de Bouzas foron participar nas navegacións do Rio Cabe en Monforte, e outra embarcación formou parte da III Festa das Tradicións Mariñeiras da Guarda. Nótase que gusta máis navegar nos barcos que quitar fotos, porque non temos ningunha imaxe deses eventos, polo que aproveitamos para poñer unhas fotos do pasado encontro, que o lóxico sería dedicarlle moitas máis entradas.

A Voz embarca con nos rumbo a Combarro

Lunes, 24 Agosto 2009, por marineros bouzas

David Suárez de La Voz de Galicia acompañounos na travesía que fixemos o día 21 para acudir ao encontro de embarcacións tradicionais que se celebraba en Combarro a pasada fin de semana.

Podedes ver unha crónica da navegación nos tres artigos que escribiu no blogue de “Verano Móbil” da Voz.

Nos artigos hai tamén varios vídeos, deixámosvos dous deles de aperitivo, nos enlaces podedes ver o resto de vídeos:


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad