Nosa representación en Brest 2016

Na grande Festa Marítima de Brest deste ano 2016, Mariñeiros de Bouzas estivo presente a través do nos colega e navegante en Bouzas Xoán, que nos envía este comunicado e fotos.
Dinos que estivo navegando a bordo dunha goleta holandesa de tres mastros «O Thalassa» e nos ilustra decéndonos que o nome significa mar en grego. Coméntanos que vota de menos as sabrosas empanadillas de cangas e as navegacións pola nosa Ria. Tamén nos di:

Debido aos recentes ataques terroristas en Francia, o control de acceso fíxose moi pesado (unha media hora de cola ao sol), pero a festa pagou a pena. Habia moitos grupos de gaitas, amenizando o cotarro. Ata bailamos nunha roda bretoa.
Pasámolo moi ben, e todo o mundo preguntaba polos galegos de Bouzas, que dicían que desta volta non había tanta festa coma cando viñeran os galegos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *