Polos mares de Bueu

Mentres que a navegación rumbo a Bueu obrigounos a poñer as roupas de augas, unha vez ali desfrutamos dun tempo excelente para navegar, un vento tranquilo e constante que fixo as delicias dos que tripulabamos barcos.
Os tripulantes dicían valeu a pena mollarse e aguantar os baldrascos da costa da vela para desfrutar das navegacións, dos agarimos con que nos homenaxearon «Os Galos» de Bueu, é da enxebre e marabillosa comida, que cun pan espectacular as sardiñas postas enriba del, inda se encargaron de melloralo, non foi menos importante o lugar onde comemos, rodeados de madeira para cubrir as cadernas do barco que tiñamos a noso carón, que pronto veremos no mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *