A Madorniña na Regata do Sepelo

A competición dorneira tivo unha nova cita o pasado fin de semana en Portonovo coa XI edición da Regata do Sepelo, que cada ano organizan os Amigos da Dorna. As tripulacións congregáronse ás 4 da tarde do sábado 31 para dar dúas voltas a un triángulo balizado ante a punta que dá nome á regata. A predición meteorolóxica, con refachos de perto de 20 nós, levou á organización a decretar a obrigatoriedade de tomar un rizo durante a totalidade da proba.

Sobre o terreo, o vento fixo que a frota dorneira tivese que esforzarse ao máximo, rolando e cambiando de intensidade constantemente. Foron moitos os que sucumbiron a este escenario tan esixente, obrigados a orzar para compensar as repentinas escoras, a realizar viradas imprevistas cando un role fixo perder a derrota planeada ou simplemente freados nas calmas pola redución do trapo. A representación de Bouzas estivo composta pola Madorniña, que cruzou a meta en duodécima posición.

Un pensamiento en “A Madorniña na Regata do Sepelo

  1. Noraboa á Madorniña pola participacion en proba tan senlleira!
    E parabėns aos tripulantes.
    Moito botamos de menos ás embarcacións tradicionais dende terras de Oia.
    Grandes apertas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *