A Regata do Sepelo ultima da copa Mörling

XIII Regata do Sepelo.  O pasado sábado 24 de setembro celebrouse en augas de Portonovo a décimo terceira edición da Regata do Sepelo, que nesta ocasión ademáis constituiu a última proba da Copa Mörling de dornas a vela.

Acorde coa previsión meteorolóxica, a organización decretou a obrigatoriedade de coser un ris, o cal non evitou que a proba se convertise nunha épica batalla contra o potente nordés que dominou o campo de regata con fortes refachos e constantes roladas. Como dato ilustrativo, das 17 dornas presentadas só 7 conseguiron finalizar o traxecto. O resto retiráronse despois de envorcar, romper o aparello ou simplemente como medida preventiva.

Finalmente Fuxe, Pereka e Jalerna, por esa orde cruzaron a liña de meta conformando o podio da regata. A Madorniña de Mariñeiros Bouzas conseguiu tamén finalizar a regata, chegando en sétima posición despois de sufrir diversos percances.

O acto de clausura incluiu tamén a proclamación dos tres primeiros clasificados da Copa Mörling: Pereka, Xarandeira e Fuxe. Ademáis contou coa emotiva participación da familia de Staffan Mörling, que agradeceu a homenaxe ao seu legado que supón a organización desta competición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *