Calma podre na boia de saída da última edición da regata de dornas á vela que cada ano organiza o Camping Miami Playa en colaboración cos Amigos da Dorna Meca. Os participantes máis impacientes aproveitaron a espera polos ventos para darse un baño, mentres crecía a preocupación pola posibilidade de suspensión da proba. Finalmente, tras unha redución considerable do percorrido previsto e impulsadas a modiño pola mínima brisa que se levantou, as vinte dornas concentradas partiron do Porto de Pedras Negras.
Unha vez máis, a Madorniña (da nosa asociación), acudiu á convocatoria e entrou sétima posición. A Nova Froiña, tamén de Bouzas xa veterana do circuíto dorneiro, conseguiu sobrepoñerse á encalmada e cruzar a liña de meta en duodécima posición.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”283″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_thumbnails” override_thumbnail_settings=”0″ thumbnail_width=”100″ thumbnail_height=”75″ thumbnail_crop=”1″ images_per_page=”20″ number_of_columns=”0″ ajax_pagination=”0″ show_all_in_lightbox=”0″ use_imagebrowser_effect=”0″ show_slideshow_link=”1″ slideshow_link_text=”[Show as slideshow]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]
