Boa travesía a Combarro

Este ano levamos, o “Vigo Cinco”, o “Coruxo”, “A Oleira”, “A Barola”, “A Madorniña”, o “Nova Froiña”, algúns tanto na ida coma na volta pediron un cabo pola popa, xa sabemos que non sempre e posible navegar de valde aproveitando a enerxía do vento, moitas veces hai que votar man do petróleo, inda que non se queira. Na parada en Portonovo para repoñer forzas, os turistas aproveitaron para quitar fotos dos barcos de traballo. E nos aproveitamos as navegacións en Combarro para admirar as vistas do pobo dende o mar.