Dia do Medio Ambiente Mariño

Dando continuidade ó programa de actividades, o vindeiro sábado 28 de maio dende as 8,30 da maña, a nosa asociación dedicará o día  ó medio ambiente mariño. Estanse a organizar distintos equipos para, uns por terra e outros por mar, co apoio de submarinistas, deixa-la zona limpa de restos de cabos, plásticos, madeiras ou calquera outra cousa que non pertenza o mar.

Se pinchades aquí: Cartel Dia do Medio Ambiente Mariño,  podedes ver o cartel que anuncia esta actividade.