Mariñeiros de Bouzas rendelle homenaxe a Staffan Mörling (o sueco de Beluso)

Cando en 1964, Staffan Mörling, despois de estudar os barcos das illas Feroe, visitou a illa de Ons, namorouse de Galicia e dunha galega. O seu libro “Las Embarcaciónes Tradicionales de Galicia”  publicado en 1989, é considerado polos militantes da Cultura do mar galega coma nosa biblia, e contribuíu, enormemente ao desenrolo deste movemento en defensa do Patrimonio Marítimo, especialmente dos barcos de traballo dos galegos, (os barcos dos pobres) especialmeste da sua querida dorna, da que gustaba chamar a embarcación intelixente, pola sinxeleza de seu aparello e o ben que navega a vela. E non lle faltaba razon.

Seu entusiasmo pola defensa destes barcos levouno a participar na reunión onde se firmou a ACTA FUNDACIONAL DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA, nesa acta, firmada en Cambados na Casa da Cultura, o 23 de Abril de 1994, figura sua firma, e seu DNI co numero 00231471.
A ultima vez que estibo en Bouzas foi visitando noso pantalan de barcos tradicionais o 25 de Setembro de 2011. Unha televisión catalana que andaba a sua procura gravou un reportaxe .

Na paxina 275 do libro “Las Embarcaciónes  Tradicionales de Galicia” fala dos barcos de viaxeiros de Cangas-Vigo e Moaña-Vigo, e escribe.   Fue una desas líneas de tranvía que me llevó a un lugar donde el gama de las antiguas embarcaciones locales parecía haberse presentado distinta. Había tomado el 6, y llegué a Bouzas. Era una tarde de a mediados de Diciembre de 1965, pero en un bar encontré no solamente una temperatura agradable sino también esa voluntad de ayudar y asistir del marinero gallego………

Que os bos ventos o acompañen nesta singradura.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”332″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_thumbnails” override_thumbnail_settings=”0″ thumbnail_width=”100″ thumbnail_height=”75″ thumbnail_crop=”1″ images_per_page=”20″ number_of_columns=”0″ ajax_pagination=”0″ show_all_in_lightbox=”0″ use_imagebrowser_effect=”0″ show_slideshow_link=”1″ slideshow_link_text=”[Show as slideshow]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]