Seguimos a botar unha man nas investigacións deste equipo do Colexio Alborada que capitaneados polo profesor de ciencias Alberto García, seguen dando sorpresas de como, con poucos recursos tamén se poden facer investigacións. Despois de fondear os captadores durante varios meses, agora toca recoller os froitos e investigar no laboratorio. Vemos nas fotos como os barcos que antes pescaban, (os tradicionais) agora investigan.
