Mentres que a navegación rumbo a Bueu obrigounos a poñer as roupas de augas, unha vez ali desfrutamos dun tempo excelente para navegar, un vento tranquilo e constante que fixo as delicias dos que tripulabamos barcos.
Os tripulantes dicían valeu a pena mollarse e aguantar os baldrascos da costa da vela para desfrutar das navegacións, dos agarimos con que nos homenaxearon “Os Galos” de Bueu, é da enxebre e marabillosa comida, que cun pan espectacular as sardiñas postas enriba del, inda se encargaron de melloralo, non foi menos importante o lugar onde comemos, rodeados de madeira para cubrir as cadernas do barco que tiñamos a noso carón, que pronto veremos no mar.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”247″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_thumbnails” override_thumbnail_settings=”0″ thumbnail_width=”100″ thumbnail_height=”75″ thumbnail_crop=”1″ images_per_page=”20″ number_of_columns=”0″ ajax_pagination=”0″ show_all_in_lightbox=”0″ use_imagebrowser_effect=”0″ show_slideshow_link=”1″ slideshow_link_text=”[Show as slideshow]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]
