Quenes somos

O corazón mariñeiro de Bouzas

Somos a Asociación de Mariñeiros San Miguel de Bouzas. O noso obxectivo é a preservación, estudo e difusión do patrimonio marítimo e fluvial de Galicia. Defendemos a cultura da madeira e a vela tradicional como parte fundamental da nosa identidade. Se amas o mar e queres protexer a nosa historia, xa es un dos nosos.

A asociación

Na praia do Adro de Bouzas, desde fai varios lustros, un grupo de mariñeiros profesionais, de recreo e xubilados, viñan realizando as súas actividades mariñeiras, deportivas e de lecer de xeito individual, ata que deciden organizarse e fundar a sociación sen ánimo de lucro «Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas», que sería inscrita o 27 de outubro de 1995, no rexistro provincial de Goberno Civil de Pontevedra co núm. 3637.

Dos 38 socios-fundadores aos 315 do ano 2007, esta asociación creceu no seu patrimonio e nas súas actividades culturais e deportivas en igual ou maior proporción que o número de socios.

Os primeiros pasos foron a reorganización do fondeo libre na praia, por mediación dunha estacha fondeada ao longo da praia e dun pantalán usado cedido polo Club de Iates de Bayona, pasando na actualidade á autorización por parte da Autoridade Portuaria de Vigo da instalación fixa de novos pantaláns flotantes de amarre para 315 embarcacións deportivas e artesanais en devandita praia, así como a organización, colaboración e participación nun longo programa de actividades culturais, deportivas educativas e de lecer que se realizan ao longo de todo o ano.

No noso afán por que non se perda a cultura marítima tradicional e así esta recolleito nos nosos estatutos, esta asociación ao longo dos anos recuperou diversas embarcacións tradicionais.

Durante os meses de maio a outubro, dende  Asociación organizanse saidas a navegar en embarcaciones tradicionais. Todos os mércores por a tarde, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, as nosas emnbarcacións percorren a Ría de Vigo. A actividade está aberta tanto a socios como ao público en xeral. (necesaria inscripción previa).

No referente ás actividades culturais e deportivas, organízanse ao longo do ano tres concursos de pesca, desde a costa e embarcación, regatas de gamelas e faluchos, así como, a participación na maioria dos encontros e xuntanzas de embarcacións tradicionais do sur de Galicia e norte de Portugal.

A nosa asociación está integrada na «Federacion Galega pola Cultura Marítima e Fluvial» e na «Federación Galega de Pesca Marítima e Nautica de Recreo».

Patrimonio, cultura e deporte nunha asociación que garda os segredos da carpintería de ribeira.

Dende a Praia do Adro, traballamos cada día para que as nosas dornas, faluchos e racús sigan suca-las ondas.