Cas debidas precaucións de aforo controlado, Rande vence a pandemia. No, VIII ACTO DE CONMEMORACIÓN, é 319 aniversario da Batalla de Rande, este ano si que, se puideron celebrar os acontecementos con amplitude, o programa repartido en dous fins de semana, nos ofrecía distintas actividades e representacións, gustáronnos moito os chirimbiques que había para delicia dos cativos, estes puideron gozar duns tíos-vivos de madeira impulsados pola forza humana, nada mais ecolóxico simple a divertido.
Este ano, pola mañan fixemos unhas navegacións dende o museo ata a banda do norte para o deleite de todos e para gravar unhas imaxes que xunto con outras vailles permitir facer un vídeo promocional do acontecemento. Nosa participación cos barcos tradicionais foi uns dos actos principais, onde nosos barcos o día grande da conmemoración descargaron os tesouros traídos das Américas, de inmediato desenrolouse unha batalla moi vistosa con tracas e canonazos. Nosos para-bens aos organizadores.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”351″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_thumbnails” override_thumbnail_settings=”0″ thumbnail_width=”100″ thumbnail_height=”75″ thumbnail_crop=”1″ images_per_page=”20″ number_of_columns=”0″ ajax_pagination=”0″ show_all_in_lightbox=”0″ use_imagebrowser_effect=”0″ show_slideshow_link=”1″ slideshow_link_text=”[Show as slideshow]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]
