Por fin, este ano pudose celebrar a clásica concentración de Combarro que nos acolleu con moita ilusión e moitas ganas de volver a vernos as caras, a ida con vento na proa na costa da vela incomodounos a travesía, pero a navegación dende dentro da ria a rumbo leste permitiunos subir as velas e navegar con soltura.
Xa amarrados no fondeo que nos tiñan preparado, inda que mais incomodo para as tripulacións, moito mais bonito para a estampa que deixan os barcos diante deste fermoso pobo.
Na clásica “Regata da Pamplina” deste ano volveu a quedar en primer lugar o galeón de Sanxenxo, pero en segundo lugar quedou a dorna de Bouzas “Illa de Toraia” que tendo en conta que o galeón patroneado por Pedro Campos case sempre que participa gaña, pois o segundo posto sabe a primeiro.
A volta o domingo despois de comer topa-monos cunha néboa, que si ven ben deixaba unha fermosa imaxe da illa de Tambo como podedes ver nas fotos, e unha mala, moi mala compañeira para travesía de volta a Bouzas.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”365″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_thumbnails” override_thumbnail_settings=”0″ thumbnail_width=”100″ thumbnail_height=”75″ thumbnail_crop=”1″ images_per_page=”20″ number_of_columns=”0″ ajax_pagination=”0″ show_all_in_lightbox=”0″ use_imagebrowser_effect=”0″ show_slideshow_link=”1″ slideshow_link_text=”[Show as slideshow]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]
