A rua dos Alfolies

Foi en 1555 cando o bispo Don Juan Martínez de San Millán, cas súas catro Cámaras Obispais, reúnese co xuíz correxidor de Bouzas don  Alonso Pérez de Ceta e os cinco rexedores representantes das parroquias de, Bouzas, Bembrive, Beade, Coia, e Coruxo, e dando cumprimento as Reales Ordenanzas, levan a efecto a constitución do concello de Bouzas, que seria denominado oficialmente como Villa de Bouzas, en recoñecemento a nova entidade e rango.
O 16 de marzo de 1556, despois dun longo pleito, a causa dos graves incidentes ocasionados polos celosos vigueses, para tratar de impedir que se executasen as importantes concesións feitas pola Coroa, se lle concede o porto de Bouzas, como de libre comercio, exento de aranceis aduaneiros, permitindo ao Gremio do Mar que puidera mercar toda sal que quixera e onde quixera, e ter ALFOLÍ para sua venta; para que, os pescadores e industriais puideran salgar todo o peixe que quixeren.

Hoxe xa non están os alfolies, pero si, a rua onde estaban, na actualidade ten uns 100 metros de largo, e segue no mesmo sitio e co mesmo nome, empezando no atrio da igrexa a rematando na rua do Santo Cristo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *