NOVA TRAVESÍA DE MARIÑEIROS BOUZAS

Na asemblea de Mariñeiros de Bouzas, que tivo lugar o 2 de abril do 2022, correspondía elixir unha nova directiva da asociación. Ao non presentarse ningunha candidatura, acordouse convocar novamente eleccións.

A asemblea na que se elixiu ao novo presidente e xunta directiva foi o 26 de novembro do 2022, téndose presentada xa unha candidatura diferente á que actualmente estába en funcións, polo que Mariñeiros de Bouzas iniciará unha nova travesía guiada polo equipo directivo entrante.

En canto a esta páxina web queremos facer un pequeno percorrido pola súa historia ata a actualidade, xa que a nova directiva marcará o rumbo que debe coller a partir de agora.

Con anterioridade a 2005, a web de Mariñeiros de Bouzas facíase eco das actividades da asociación, traballando con moito esforzo pero con uns medios moi elementais. Foi a partir do ano 2005 cando esta páxina web navegou noutros mares actualizouse en contidos, medios e con un formato novo.

A páxina web de Mariñeiros de Bouzas é un excelente arquivo das actividades desenvolvidas pola asociación nestes último 17 anos. Merece a pena revisar o arquivo do acontecido na nosa asociación e que ano a ano podemos atopar na dereita da portada da web.

En verdade que ollando este arquivo tomamos conciencia de que a nosa asociación é moito máis que un porto deportivo, tanto polo número de actividades organizadas ou nas que ten participado, como polo compromiso da nosa asociación coa pesca e náutica responsable así como co patrimonio marítimo e fluvial de Galicia.

A nosa asociación, como parte de FEDPEMAR (Federación Gallega de Pesca Marítima Responsable y Náutica de Recreo), así como de CULTURMAR-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial desenvolveu e participou en infinidade de actividades relacionadas co cumprimento dos fins sociais marcados polos Estatutos da nosa Asociación, actividades que como dicíamos anteriormente merecen a pena recordar nesta páxina web.

Agradecer a Mariñeiros Bouzas a singradura compartida ao longo destes anos, permitíndome narrar o devalar desta entidade que xa ten vinte sete anos de existencia e moitas historias que contar.

Moita sorte á nova xunta directiva.

Patente de corso

O XVI ENCONTRO VAI SER EN SADA

Informamos que, na asemblea xeral extraordinaria do pasado sábado 15 de outubro, foi aprobado por unanimidade o proxecto presentado pola Asociación Mariñeira os Patexeiros para organizar o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na localidade de Sada do 3 ao 6 de agosto de 2023.

Os colectivos federados en Culturmar, reunidos en asemblea o sábado 15 de outubro, decidiron por unanimidade ratificar o proxecto presentado pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros para celebrar a decimosexta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no porto de Sada entre os días 3 e 6 de agosto de 2023.

A proposta ven acompañada do apoio unánime da Corporación Municipal sadense e de diversas entidades da vila relacionadas co mar. Na presentación do proxecto Os Patexeiros destacaron as inmellorabeis características da Ria de Sada para a navegación, así como a ligazón histórica da vila coa cultura mariñeira, cuxo máximo exponente foi a frota patexeira que en tempos pasados abonou con este crustáceo os campos de toda a comarca.

Pola súa parte, a Xunta Directiva de Culturmar agradeceu ao colectivo a predisposición a asumir a organización do evento, que volta ás Rías Altas despois de 16 anos; desde que en 2007 a novena edición se celebrara en Ferrol.

 

Desembarco pirata en Cangas

Os barcos da asociación, xunto con un barco de Sueste, volven a participar na recreación histórica do asalto a Vila de Cangas polas hordas de piratas turcos e berberiscos, no ano 1.617
O pasado domingo 9 pola tarde, os habitantes da Vila divisan os barcos entrando na baia, polo que empezan a organizar a defensa do pobo, as 18,30 os pitas atracan ao peirao de Ojea e desembarcan para facer todo tipo de atropelias roubar, matar e apoderarse da Vila.

A Madorniña na regata do marisco

O pasado sábado a dorna de mariñeiros  Bouzas “A MADORNIÑA” acudiu, xunto con vinteseis dornas máis, a cita organizada polos Amigos da dorna Meca para pechar a tempada de regatas.

Hai xa catro anos que as dornas non varaban na praia de Confín para comezar a proba, fronte a escultura da Maruxa.

Logo de chegar a primeira boia entre os últimos, a Madorniña foi gañando posicións para recibir o toque de bucina no duodécimo lugar. Desta vez gañou Abuelo Tucho, segunda Fuxe e terceira a Jalerna.

A universidade navega nos barcos de Bouzas

Con motivo da celebración na cidade Olivica, dunha reunión internacional para o lanzamento do proxecto HEI4Future. Onde nestas reunión promovense programas de mentorización innovadoras liñas de apoio a start-ups, nestes temas estan a traballar os socios do  HEI4Futur, un proxecto europeo de innovación tecnolóxica organizado pola  Universidade de Vigo.

Coma peche final das dúas intensas xornadas de traballo, os socios do proxecto fixeron unha actividade de carácter lúdico co obxectivo de fomentar o espíritu de equipo. Para elo contaron coa colaboración da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, gracias a cal puideron realizar unha singladura a través da Ría de Vigo con distintas embarcacións tradicionais, dando a coñecer aos participantes nosa Ria e nosos barcos.