REGRESO DA TRAIÑEIRA “VIGO 5”

Por fín, tras grandes contratempos e vicisitudes, na tarde de onte  poidemos traer de volta desde Porto Meloxo a traiñeira ” Vigo 5″ que estaba no Grove tras as modificacións e axustes que lle fixeron en Asteleiros Garrido. Foi una volta lenta pero segura co motor que se lle instalou tralos cambios que se lle fixeron. Agora toca colocarlle paus, velas e aparellalo para poder disfrutar de esta magnífica e única embarcación. Pronto comezarán as saídas da escola de navegacion  e poderemos comprobar que tal se comporta no mar.

 

 

 

 

VENTO EN POPA A TODA VELA.

Continúan a bo ritmo os traballos de mantemento e reparacións das nosas embarcacións tradicionais gracias a excelente colaboración dos nosos socios e participantes da escola de navegación tradicional. Xa están listas ” a Marosa”, unha das gamelas coruxeiras e ” a Fanequeira” a nosa buceta que en breve voltarán o seu lugar natural, o mar. Continuamos xa co bote polveiro, así como tamén o noso racú ” A Oleira”.  O galeon ” Coruxo” tamén esta en reparacións xa que precisa dun novo mástil do que daremos pronta e cumprida información con fotografias. Moitas grazas a todos por participar nestes traballos  que darán paso as saidas da actividad ” Escola de Navegación Tradicional”. 

 

MANTEMENTO DE TRADICIONAIS.

Xa comenzamos cos traballos de mantemento dos nosos barcos tradicionais, pouco a pouco van deixandose en condicións para poder disfrutar deles nas xornadas de navegación semanais as que estades todos invitados, así como todo aquel que desexe disfrutar na elaboración destes traballos como son rasquetados, lixados, aplicación de barnices, laxures e pinturas onde sempre se aprenden  cousas novas. Ao remate iniciaremos as xornadas de navegación de embarcacións tradicionais tanto para socios como para interesados, estades todos invitados.