A Xunta Directiva de Mariñeiros Bouzas recorda a todos os socios que o vindeiro venres 25 de Febreiro ás 19 horas en primeira convocatoria e ás 19,30 en segunda, celebrarase a asemblea onde se elixirá a nova Xunta Directiva, polo que pregamos a todolos socios que fagades un esforzo e colaboredes coa vosa asistencia.
É unha pena que na Asociación non se apoie na resposabilidade de acceder a cargos da Xunta Directiva un pouquiño mais. As persoas, socios que intentan manter viva a Asociación, non só é cuestión de valorar a sua colaboración que non é pouca, sobre todo cando se compara coa maioría dos socios que se limitan a estar a gusto é contentos con ter unha praza de amarre para súa embarcación.
Cando se dispón de tempo e se aforra en outros traballos, está Asociación das maiores en Galicia, tende a perder efectivos valiosos que manteñan os proxectos.
A Asociación formamola un grupo de xente amantes do mar ,polo tanto tódolos socios/as teñen o dereito e deber de participar e poder ser elexidos para traballar dende a Xunta Directiva .