Nosa cita anual con Combarro

Son moitos os anos que levamos acudindo a Combarro (Poio) a participar na concentración que organizan os compañeiros da Reiboa.

Este ano levamos tres barcos por mar e dous por terra, a singradura de Bouzas a Combarro foi tranquila e pracenteira, as navegacións polos mares de Combarro sen novidade, inda que se suspendeu a “regata da pamplina” por demasiado vento. A pesar diso a flota colleu rizos a saíu a navegar nunha tarde que permitiu moi boas sensacións cos barcos escorados navegando de través.

A volta si que foi mais complicada, xa fora da Ria de Pontevedra con todos rizos collidos houbo que baixar a trinqueta porque o vento e o mar ian en aumento e o saír do abrigo de Ons foi onde percibimos o arume mariño, e sentimos os salseiros que o mar bravo nos metía a bordo dos barcos. Lamentamos non ter fotos desa singradura, que son das que quedan pra recordar.

 

Un pensamiento en “Nosa cita anual con Combarro

  1. Que magoa non poder ir nesta edición…

    O Peixe saíu a navegar pola tarde dese domingo da volta e non dimos saído da protección da escollera, que mar había!

    Imaxino que pasar a Costa da Vela foi toda unha experiencia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *