Os patróns da Madorniña, ademais de regatear moi ben, nos regalan a crónica da regata. O verán xa vai tocando ao seu fin, pero a competición dorneira aínda ten citas pendentes. A última en se celebrar foi a sétima edición da Regata Cámping Miami, organizada polos Amigos da Dorna Meca e o campamento que lle dá nome.
Un total de 12 dornas polbeiras medíronse nas augas de San Vicente do Mar, con mar calmo e brisa mainiña constante que impulsou ás embarcacións entre Pedras Negras e a Lanzada para finalizar tras dúas voltas na praia de Area da Cruz.
Mariñeiros Bouzas enviou á súa representación habitual e a Madorniña que conseguiu facer sonar a bucina en quinta posición, mellorando o resultado do ano pasado.
Nesta ocasión, ademais da desbordante hospitalidade do Cámping Miami que agasalla aos participantes con unha copiosa cea e durmida nas súas instalacións, a asociación organizadora quixo recoñecer o esforzo realizado polos nosos tripulantes para non perder unha regata a pesar da distancia, facéndonos entrega dun precioso trofeo que xa se encontra nas vitrinas de Mariñeiros Bouzas.