De novo o Hidria II navegando pola Ria de Vigo
E unha moi boa iniciativa a de levar os escolares de Vigo a ver dende o mar a industria de Vigo. Explicámolles que e cada cousa, e que se fabrica ou se comercializa nas empresas que están na beira do mar, ao tempo que se familiarizan cos oficios, que se están a desenrolar dentro do propio barco, que todo mundo pode visitar…
Xa é un clásico
A pesar do día tan desapacible que se presentou na tarde do sábado, a afluencia de público a o noso decimoprimeiro concurso de corais, foi todo un éxito.
O certamen estivo moi concurrido, as corales estiveron realmente magníficas. Nenbargantes, o máis aplaudido, foron as duas últimas interpretacións, feitas coas tres corales o unísono.
O final do acto, compartimos uns petiscos con moi boa sintonía.
Corais 2009
O vindeiro sábado, celebraremos noso XI Concerto de Corais da Canción Mariñeira.
Dende aqui, animamos a todos socios e persoas en xeral, a acudir a este Festival, que xa e un clasico na Vila de Bouzas.
Podedes ver no programa, as corais que participaran, e tamen o lugar e a hora…

