Mostra das tradicións Mariñeiras da Guarda

Do 17 ao 26 de xullo celebrouse na Guarda a 1ª Mostra das tradicións Mariñeiras organizado pola asociación de redeiras da guarda, e o concello, contando coa colaboración da FGCMF e outras entidades

Os faluchos de Bouzas xa recorreron unha boa parte da xeografía galega, polo norte chegaron ata Ferrol e polo Sur nesta ocasión chegaron a Fronteira con Portugal, a saber donde chegaran nas seguintes navegacións.

Campionato Mundial de Faluchos 2009

Enmarcado dentro das festas de Bouzas, o pasado 18 de xullo celebramos o Campionato Mundial de Faluchos do ano 2009.

Este ano a pesar do inconveniente da marea baixa, estivo moi concorrido, e houbo unha grande participación, especialmente na proba de adultos, inda que coma sempre a proba que levanta máis espectación é a de veteranos, onde participa o campión do mundos de faluchos, que este ano quedou en segundo lugar.

Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – Muros 2009

Os mariñeiros de Bouzas, tamén estiveron en Muros, onde todos os defensores da Cultura Maritima quedaron abraiados tanto polos barcos, polas navegacións, como polo importantes das Xornadas, e sobor de todo, pola implicación dos Muradans que tan ben tiñan engalanado o xa de por si fermoso pobo mariñeiro.

Nosa asociación desplazou catro embarcacións, A Oleira, que foi navegando, e A Fanaqueira, A Marosa,  e A Madorniña, que acudiron por terra. Poderiamos falar moito de Muros e poñer moitas fotos, pero vos remitimos a páxina da FGCMF.

Coma mostra nosa gamela coruxeira, toda esbelta navegando na ria de Muros

Navegación con Alborada

O venres 12 de Xuño fixemos unha colaboración coa asociación de loita contra as drogas, Alborada.

Persoas en proceso de rehabilitación acompañados de monitores acudiron a coñecer mellor o mundo da cultura marítima. No pantalán de embarcacións tradicionais démoslles unha pequena charla sobre as distintas tipoloxías de embarcacións que alí se atopan e despois saimos a navegar.

Durante a singradura falámoslles sobre as técnicas de navegación en barcos tradicionais. Podedes ver a continuación algunhas fotos da actividade.