Noso Concurso de Pesca

Paso a paso, este xa e noso XI concurso de pesca. Este ano, celebrámolo o sábado 19 de setembro.
A pesar de coincidir con un día moi desapracible nas primeiras horas, saíron a participar un bo numero de embarcacións.

Tamén nesta ocasión noso principal patrocinador foi a Federación Galega de Pesca Responsable. Jesus Betanzos, como todos os anos, patrocinou un dos premios, e nosa asociación, foi a encargada da donación do primer premio.

Durante todo o día xa se percibia o ambiente.  Durante a pesada, habia unha gran expetación, pero foi a noite, cando se empezou a probar o pulpo, despois a fritada acompañada dunha caldeirade de peixe, donde se notou o ambiente de camaraderia.

Nosa procesión

Un ano mais, nosa asociación,  na procesión do Carmen tan singular que organizamos en Bouzas, fixo unha ofrenda floral.

A pesar de coincidir ca marea baixa, estivo moi animada, tanto por terra como polo Mar.

Este ano, moitas persoas aproveitaron a ocasión, para embarcar e honrar os seus falecidos dende o mar.

Quedades invitados para o próximo ano.

A Voz embarca con nos rumbo a Combarro

David Suárez de La Voz de Galicia acompañounos na travesía que fixemos o día 21 para acudir ao encontro de embarcacións tradicionais que se celebraba en Combarro a pasada fin de semana.

Podedes ver unha crónica da navegación nos tres artigos que escribiu no blogue de “Verano Móbil” da Voz.

Nos artigos hai tamén varios vídeos, deixámosvos dous deles de aperitivo, nos enlaces podedes ver o resto de vídeos: