A Volta a Arousa de dornas a vela

Trinta e dúas dornas participaron na XXXV edición da Volta a Arousa o pasado 10 de Agosto. A mais célebre entre todas as regatas de dornas polbeiras contou co favor dos elementos; as chuvias da semana anterior cesaron oportunamente, dando paso a unha xornada de temperaturas agradables e, o mais importante, de ventiño moderado que guiou sen pausa ás polbeiras durante as case tres horas de singradura arredor da Illa.
Esta veterana regata destaca pola grande beleza da travesía, deixando na retina de público e tripulantes fermosas estampas melloradas pola presenza da frota dorneira. Mariñeiros Bouzas, que estaba participando na Xuntanza de Moaña,  enviou na sua representación “A Madorniña”, que nesta ocasión obtivo un modesto resultado cruzando a liña da chegada en vixésima posición.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *