Un ano mais en Combarro

Por fin, este ano pudose celebrar a clásica concentración de Combarro que nos acolleu con moita ilusión e moitas ganas de volver a vernos as caras, a ida con vento na proa na costa da vela incomodounos a travesía, pero a navegación dende dentro da ria a rumbo leste permitiunos subir as velas e navegar con soltura.

Xa amarrados no fondeo que nos tiñan preparado, inda que mais incomodo para as tripulacións,  moito mais bonito para a estampa que deixan os barcos diante deste fermoso pobo.

Na clásica “Regata da Pamplina” deste ano volveu a quedar en primer lugar o galeón de Sanxenxo, pero en segundo lugar quedou a dorna de Bouzas “Illa de Toraia” que tendo en conta que o galeón patroneado por Pedro Campos case sempre que participa gaña, pois o segundo posto sabe a primeiro.

A volta o domingo despois de comer topa-monos cunha néboa, que si ven ben deixaba unha fermosa imaxe da illa de Tambo como podedes ver nas fotos, e unha mala, moi mala compañeira para travesía de volta a Bouzas.


Deixa un comentario