As dornas nai

Son moitas as veces que se ten falado das Dornas Nai, grazas a Xaime de Lajareu, podemos ollar nesta foto unha Dorna Nai que pertenceu  ao seu sogro.  As Dornas Nai representan unha interesante liña de continuidade da construción de barcos clásicos de baixura: conservando a graza mariñeira na manobra e a arte inimitábel de capear o vento da Dorna, incorporaban enxarcias fixas, velas auto-virantes e cabinados.

Os vellos mariñeiros mirábanas con sentimentos encontrados, chamábanas, con algo de rexouba, Dornas Señoritas. Na imaxe aparece unha daquelas Dornas Nai, nas que algunhas persoas das que gustaban disfrutar do mar buscaron o extraordinario navegar das dornas, e polos anos 50 reconverteron as xeiteiras en barcos de recreo. As Dornas Nai,  aparelladas con foque e cangrexa participaron en moitas regatas.
No blog de Arlillo, http://elblogdearlillo.blogspot.com/ podedes encontrar bastante información e máis fotografías.

4 pensamientos en “As dornas nai

  1. Gracias por estos artículos, con los que poco a poco nos haceis apreciar y querer más la historia ( y el presente) marítima de Galicia.

  2. certamente, segundo se expon no comentario sobra a dorna Nai, chamanlle as dornas dos señoritos. Certas iniciativas e actuacions, sempre comlevan criticas e detraccions. Entorno a recuperacion das embarcacions e cultura maritima tradicionais, teño escoitado de todo,
    dende, cando estan ahi e por que lles interesa ata comen e beben a conta dos demais.
    Noutros lugares, teñen reecuperado moito e dende fai moito barcos tradicionais para a nautica deportiva, e outras actividades cando para as que foron criados perdeu interese.
    Hoxe con as suas adaptacions mais ou menos acertadas, seguen formando parte de un patrimonio cultural e identificativo dos seus lugares. conservan a memoria, para seguir sendo eles mesmos.
    NOS con o noso imos moi ben, hai que seguir gañando barlovento.
    Eso si, o de NAI, a min gustame mais para as dornas lexitimas para as que pariron as outras dornas. pero como di un amigo meu. !! Avante maquinas !!
    Saudos

  3. Gracias por estos artículos, con los que poco a poco nos haceis apreciar y querer más la historia ( y el presente) marítima de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *